Fases e cronograma do proxecto Mar das Illas

Fases e cronograma do proxecto Mar das Illas

XORNADA TÉCNICA DE ESTUDO DE ALTERNATIVAS DE TURISMO MARIÑEIRO NAS RÍAS BAIXAS

Responde á necesidade de informar ao sector co obxectivo de amosar os diferentes aspectos vinculados ao desenvolvemento das actividades de turismo mariñeiro: administrativo, fiscal, laboral (Seguridade Social), turístico….

FORMACIÓN INICIAL DOS PROFESIONAIS DO MAR PARA A ACTIVIDADE DE GUÍAS DO PARQUE NACIONAL

Con esta formación preténdese achegar ás persoas participantes á xestión da actividade no marco do turismo mariñeiro e da difusión do patrimonio marítimo pesqueiro da zona así como complementar o perfil profesional destes profesionais como guías do Parque para a divulgación do Parque Nacional, do patrimonio marítimo pesqueiro e da cultura mariñeira.

EDICIÓN DE GUÍAS/MANUAIS. XUSTIFICACIÓN E DESCRICION DAS GUÍAS/MANUAIS

Ao fin de recoller as conclusións acadadas na xornada técnica e difundir entre o sector todos os aspectos vinculados ao desenvolvemento do turismo mariñeiro realizaranse dúas guías informativas, unha dedicada ao emprendemento e os aspectos técnicos, e outra sobre o valor turístico e medioambiental do Parque Nacional das Illas Atlánticas como punto de interese no turismo mariñeiro.

  • GUÍA DE EMPRENDEMENTO EN TURISMO MARIÑEIRO.
  • MANUAL DE INICIACIÓN AO TURISMO MARIÑEIRO NO ÁMBITO DE INFLUENCIA DO PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS.