Formación do profesionáis do mar para guías no parque nacional. MAR DAS ILLAS 2.

Formación do profesionáis do mar para guías no parque nacional. MAR DAS ILLAS 2.

Con esta formación os participantes obterán a ACREDITACIÓN como Guías de Turismo Mariñeiro do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia , que lles habititará para poder exercer esta actividade dentro das augas do Parque Nacional.  Ao través destas accións formativas preténdese capacitar aos participantes para exercer a actividade de turismo mariñeiro, de xeito que sexan quen de manexar as ferramentas interpretativas precisas que axuden a divulgar con rigor os valores do Parque Nacional, do patrimonio marítimo pesqueiro e da cultura mariñeira.

Xa está aberto o prazo de inscrición para participar nos cursos formativos que se celebrarán en cada territorio dos GALP que cooperan no presente proxecto.  Lembrade que soamente hai 20 prazas en cada curso e que se atenderá aos demandantes por estrita orde de inscrición.

INSCRICIÓNS CURSO: Iniciación ao Turismo mariñeiro no entorno do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.

 

Curso GALP Ría de Vigo- A Guarda: 15 ao 18 outubro maio. (18 visita Illas Cíes).

Formulario de inscrición: https://goo.gl/46KgPh


Curso GALP Ría de Arousa: 22 ao 25 de outubro (25 visita Cortegada).

 


 Curso GALP Ría de Pontevedra: 5  ao 8 de novembro (8 novembro visita Illa de Ons)

Formulario de inscrición: https://goo.gl/tTbmXq