INSCRICIÓNS 2ª convocatoria. CURSO FORMACIÓN. INICIACIÓN AO TURISMO MARIÑEIRO NO ÁMBITO DO PNMTIAG

INSCRICIÓNS 2ª convocatoria. CURSO FORMACIÓN. INICIACIÓN AO TURISMO MARIÑEIRO NO ÁMBITO DO PNMTIAG

Está aberto o prazo de inscrición para os cursos da segunda convocatoria dos cursos formativos  de Iniciación ao Turismo Mariñeiro no ámbito do PNMTIAG. Debido ao éxito do curso celebrado na pasada primaveira, foi necesario realizar esta segunda edición na que poderán participar todos aqueles que quedaron en lista de agarda na primeira convocatoria.

Con esta formación os participantes obterán a ACREDITACIÓN como Guías de Turismo Mariñeiro do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia , que lles habititará para poder exercer esta actividade dentro das augas do Parque Nacional.  Ao través destas accións formativas preténdese capacitar aos participantes para exercer a actividade de turismo mariñeiro, de xeito que sexan quen de manexar as ferramentas interpretativas precisas que axuden a divulgar con rigor os valores do Parque Nacional, do patrimonio marítimo pesqueiro e da cultura mariñeira.

Soamente hai 20 prazas en cada curso. Cubriranse por estrita orde de inscrición.

 

Curso GALP Ría de Vigo- A Guarda: 15 ao 18 outubro. (18 de outubro visita Illas Cíes).

Formulario de inscrición: CURSO COMPLETO.


Curso GALP Ría de Arousa: 22 ao 25 outubro (25 de outubro visita Illa de Ons)


Curso GALP Ría de Pontevedra: 5  ao 8 de novembro (8 novembro visita Illa de Ons)

Formulario de inscrición: https://goo.gl/tTbmXq