Axudas á pesca sustentable

Axudas á pesca sustentable

Amplíase  o crédito da Orde do 19 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases e se regula o procedemento para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para investimentos que fomenten a pesca sustentable para propietarios de buques pesqueiros, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), e se convocan para o ano 2018, tramitado como expediente anticipado de gasto.

As axudas teñen como finalidade:

1. Limitar o impacto da pesca no medio mariño e adaptar a pesca á protección das es-
pecies.
2. Mellorar a hixiene, saúde, seguridade e condicións de traballo en buques pesqueiros.
3. Mellorar a eficiencia enerxética e mitigar o cambio climático.
4. Mellorar a eficiencia enerxética e mitigar o cambio climático, a través da substitución
de motores principais ou auxiliares.
5. Aumentar o valor engadido, calidade dos produtos e utilización das capturas non
desexadas.