Mar das Illas Atlánticas: UN PROXECTO DE TURISMO MARIÑEIRO.

Mar das Illas Atlánticas: UN PROXECTO DE TURISMO MARIÑEIRO.

O principal obxectivo do proxecto consiste en promover a actividade do turismo mariñeiro entre o colectivo de mariñeiros e seus familiares nas Rías Baixas de Galicia, especialmente no ámbito do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia a través da información e asistencia ao desenvolvemento de ditas actividades e formación como intérpretes do patrimonio marítimo‐costeiro facendo fincapé no Parque Nacional de forma que ao mesmo tempo se lles ensine a forma de amosar aos visitantes o patrimonio natural do Parque.

Este proxecto promove a creación de novas iniciativas xeradoras de emprego a través da diversificación da actividade pesqueira.

 

O proxecto Mar das Illas abarca a zona de influencia das Illas Atlánticas

Toda a zona de influencia do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia: Boiro, Cambados, Catoira, O Grove, A Illa de Arousa, A Pobra do Caramiñal, Rianxo, Ribadumia, Ribeira, Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa / Bueu, Marín, Pontevedra, Poio, Sanxenxo, Meaño / Cangas, Moaña, Vilaboa, Soutomaior, Redondela, Vigo, Nigrán, O Rosal, Oia, Baiona, A Guarda.

 

O sector pesqueiro, principal colectivo ao que se dirixe o programa Mar das Illas

O principal colectivo ao que se dirixe é o sector pesqueiro (armadores, mariñeiros/as, bateeiros/as, mariscadores/as, etc) e súas familias que estean interesados en emprender iniciativas relacionadas ao turismo mariñeiro (visitas guiadas a zonas de marisqueo, lonxas, portos, ao Parque Nacional, visitas guiadas sobre a pesca costeira artesanal, a pesca turismo, etc.).

 

Fases do proxecto Mar das Illas

XORNADA TÉCNICA DE ESTUDO DE ALTERNATIVAS DE TURISMO MARIÑEIRO NAS RÍAS BAIXAS

Responde á necesidade de informar ao sector co obxectivo de amosar os diferentes aspectos vinculados ao desenvolvemento das actividades de turismo mariñeiro: administrativo, fiscal, laboral (Seguridade Social), turístico….

FORMACIÓN INICIAL DOS PROFESIONAIS DO MAR PARA A ACTIVIDADE DE GUÍAS DO PARQUE NACIONAL

Con esta formación preténdese achegar ás persoas participantes á xestión da actividade no marco do turismo mariñeiro e da difusión do patrimonio marítimo pesqueiro da zona así como complementar o perfil profesional destes profesionais como guías do Parque para a divulgación do Parque Nacional, do patrimonio marítimo pesqueiro e da cultura mariñeira.

EDICIÓN DE GUÍAS/MANUAIS. XUSTIFICACIÓN E DESCRICION DAS GUÍAS/MANUAIS

Ao fin de recoller as conclusións acadadas na xornada técnica e difundir entre o sector todos os aspectos vinculados ao desenvolvemento do turismo mariñeiro realizaranse dúas guías informativas, unha dedicada ao emprendemento e os aspectos técnicos, e outra sobre o valor turístico e medioambiental do Parque Nacional das Illas Atlánticas como punto de interese no turismo mariñeiro.

  • GUÍA DE EMPRENDEMENTO EN TURISMO MARIÑEIRO.
  • MANUAL DE INICIACIÓN AO TURISMO MARIÑEIRO NO ÁMBITO DE INFLUENCIA DO PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS.