TITORÍAS e PROXECTOS PILOTO.

TITORÍAS e PROXECTOS PILOTO.

TITORÍAS.

OBXECTIVO.

O obxectivo do asesoramento foi facilitar o coñecemento dos principais aspectos para poñer en marcha iniciativas de turismo mariñeiro e pesca-turismo adaptadas a nova lexislación nacional e autonómica. Débese ter en conta que o pescador, que traballa no sector primario, compaxinará o seu traballo con actividades do sector terciario. Por iso hai que dotalo de ferramentas e recursos para emprender de forma legal nesta nova actividade, desenvolver a actividade de forma segura e adaptada aos protocolos COVID19, proporcionar ao turista unha experiencia confortable e satisfactoria, comercializar e promover esta nova actividade con éxito e manter un rexistro da actividade e informar convenientemente á administración cando se requira.

A titorización impartida instruíu aos profesionais do sector pesqueiro no planeamento de iniciativas sustentables de turismo mariñeiro e pescaturismo e os trámites necesarios para poder levar cada proxecto a efecto. Este asesoramento mediante titorías incluíu a asistencia técnica e orientacións aos participantes na obtención das autorización e permisos que se deben tramitar ante as diferentes administracións implicadas , así como elaboración dun programa turístico (proxecto interpretativo) e análise de custos.

RESULTADOS.

  • Número de participantes nas titorías: 58
  • Número de proxectos presentados: 21

 

PROXECTOS PILOTO.

OBXECTIVO.

Seleccionar alomenos 3 proxectos para avaliar a viabilidade, tempos, custes, imprevistos e melloras no deseño das actividades creadas durante a fase de titorización de proxectos e consolidar como unha actividade dos profesionais da pesca o turismo mariñeiro e a pescaturismo contribuíndo á consolidación dunha rede técnica de apoio ás iniciativas deste tipo promovidas polo sector pesqueiro.

RESULTADOS.

A Comisión de Seguimento e Dirección seleccionou 6 proxectos para testar ao través dos piloto.

  • Número de proxectos seleccionados: 6
  • Número de persoas que participan nos proxectos: 23
  • Tipoloxía: 3 pescaturismo + 2 turismo mariñiro a pe, marisqueo + 1 turismo mariñeiro a pe, portos e instalacións portuarias.

LINKS AOS VIDEOS DOS PROXECTOS PILOTO: