Mar das Illas 2: SOSTIBILIDADE E BOAS PRÁCTICAS NA PESCA-TURISMO.

Mar das Illas 2: SOSTIBILIDADE E BOAS PRÁCTICAS NA PESCA-TURISMO.

Despois da boa acollida do Proxecto MAR DÁS ILLAS 1 e o interese que mostrou o sector nos cursos formativos así como na regulación do Turismo Mariñeiro e a modalidade de Pesca-Turismo, convocouse esta nova edición para dar continuidade ao proxecto formando a todos aqueles interesados que quedaron en lista de agarda na pasada edición.

MAR DAS ILLAS 2 é un proxecto non produtivo que quere dar continuidade as accións iniciadas na anterior fase, elaborando unha Proposta de Regulación Sectorial do Turismo Mariñeiro e un Código de Boas Prácticas para a pesca e as actividades de turismo mariñeiro no ámbito do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, promovendo a Sostibilidade na Pesca e no Turismo Mariñeiro.
O principal obxectivo do proxecto é promover o desenvolvemento, por parte do sector pesqueiro, de actividades de diversificación que permitan aportar visibilidade e garantir a sostibilidade das súas prácticas no ámbito do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia a través da formación e da regulación de melloras da comercialización de produtos e servizos da pesca no ámbito do paruqe nacional. O proxecto polo tanto está focalizado no ámbito marítimo do Parque Nacional Marítimo – Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia e orientado cara o sector pesqueiro que faena no mesmo, mais dende a realización do proxecto GOBPESC tense información relevante sobre a importancia socioeconómica da pesca no seu ámbito e como calquera alteración da mesma afectaría ao conxunto da flota das Rías Baixas. É dende esta óptica que o proxecto estende o seu ámbito de influencia ao conxunto das Rías de Vigo – A Guarda, Pontevedra e Arousa a través da participación conxunta dos GALPs destes territorios.

Os principais resultados que se obtiveron co proxecto foron:

– Elaboración dunha Proposta de Regulación Sectorial de Turismo Mariñeiro que promova o turismo mariñeiro sostible no ámbito do Parque Nacional das Illas Atlánticas garantindo o correcto uso e estado de conservación ambiental e ecolóxico do parque e a súa área de influencia.

– Realización dun Código de Boas Prácticas para o sector pesqueiro que permita a mellora da sostibilidade garantindo a continuidade dos recursos pesqueiros e marisqueiros no entorno do Parque Nacional das Illas Atlánticas e a súa visibilidade futura a partires dun distintivo de procedencia segundo se recolle no Plan Reitor de Uso e Xestión do Parque Nacional.

– Outorgar as ferramentas para a realización de actividades de turismo mariñeiro nas Rías Baixas polo Sector Pesqueiro facendo fincapé no uso sostible dos recursos, por medio da elaboración dun Manual de Boas Prácticas no sector Pesqueiro e dun Código de Boas Prácticas.

-Reforzar a gobernanza e o empoderamento do sector pesqueiro das Rías Baixas a partir da súa participación en programas de formación, que van a mellorar as capacidades dos mariñeiros/as, mariscadoras e outros colectivos relacionados co sector pesqueiro que queiran desenvolver actividades turismo mariñeiro e pesca – turismo. Realizáronse tres novas edicións do curso de iniciación o turismo mariñeiro, e outras tres en pesca sostible formando a 120 profesionais do mar en cada ría.