COLABORADORES DO PROXECTO

COLABORADORES DO PROXECTO

PARQUE NACIONAL MARÍTIMO TERRESTRE DAS ILLAS ATLÁNTICAS DE GALICIA.

Dada a importancia do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia no territorio dos socios beneficiarios, o uso e a importancia que este ten para o sector pesqueiro, colaborará no proxecto o Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia.

Para outorgar ao sector dunha formación completa se instruirá aos interesados na realización do turismo mariñeiro como guías do Parque Nacional das Illas Atlánticas xa que non só é unha fonte de recursos pesqueiros senón tamén un espazo natural protexido con un gran interese turístico e ambiental. Por isto, se precisará da colaboración do Parque no desenvolvemento deste proxecto aínda que na actualidade non se conta cun acordo escrito de colaboración.

LIGAZÓN: PNMTIAG.

 

FEDERACIÓN PROVINCIAL DE CONFRARÍAS DE PESCADORES DE PONTEVEDRA.

A Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Pontevedra é unha Corporación de Dereito Público, sen ánimo de lucro, dotada de capacidade xurídica e plena capacidade de obrar para actuar no marco territorial que lle é propio, sen que o es supoña unha perda da propia personalidade por parte das Confrarías de Pescadores que a integran.
O obxectivo principal da Federación Provincial de Confrarías de Pescadores é a coordinación, xestión e representación dos intereses económicos e sociais do sector pesqueiro e marisqueiro da provincia de Pontevedra, agrupando ás vintedúas Confrarías de Pescadores do seu ámbito territorial.

1.Actúa como órgano de consulta e colaboración coa Administración Pública na defensa e a promoción do sector.
2. Representa, xestiona e coordina os intereses comúns das cofradías que a integran.
3. Contribúe a un mellor desenvolvemento socioeconómico no seu ámbito de actuación, e especialmente, para lograr a adecuación das actividades pesqueras dos tempos actuais.

LIGAZÓN: FEDERACIÓN PROVINCIAL DE CONFRARÍAS DE PESCADORES DE PONTEVEDRA.

 

ASOCIACIÓN MAR SEGURO DE GALICIA.

A asociación Mar Seguro de Galicia foi creada polas tres Federaciiones Provinciales de Cofradias de Pescadores, co fin de mellorar a prevención de riscos laborais desminuyendo ao máximo os gastos e suscitando medidas que beneficien ao sector pesquero.

Organización sen ánimo de lucro que ten como obxectivo promover a cultura preventiva, a formación integral, realizar estudos, manuais e campañas que melloren a calidade de todos os traballadores do sector marítimo.Máis de 12 anos no sector (desde 2008).

 

LIGAZÓN: MAR SEGURO DE GALICIA.