3ª convocatoria. CURSO FORMACIÓN. INICIACIÓN AO TURISMO MARIÑEIRO NO ÁMBITO DO PNMTIAG
Debido ao éxito dos cursos celebrados nas convocatorias de Mar das Illas 1 e 2, levarase a cabo unha terceira edición deste curso de Iniciación ao Turismo Mariñeiro.
Coa recente publicación do Real Decreto 239/2019, de 5 de abril, por el que se establecen las condiciones para el desarrollo de la actividad de pesca-turismo establecense as condicións de complementariedade e compatibilidade das actividades pesqueiras e o turismo. A publicación deste Real Decreto abre novas posibilidades para esta tipoloxía de turismo mariñeiro: a pesca-turismo.
Con esta formación os participantes obterán a ACREDITACIÓN como Guías de Turismo Mariñeiro do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia , que lles habititará para poder exercer esta actividade dentro das augas do Parque Nacional. Ao través destas accións formativas preténdese capacitar aos participantes para exercer a actividade de turismo mariñeiro, de xeito que sexan quen de manexar as ferramentas interpretativas precisas que axuden a divulgar con rigor os valores do Parque Nacional, do patrimonio marítimo pesqueiro e da cultura mariñeira.
Soamente hai 20 prazas en cada curso. Cubriranse por estrita orde de inscrición.
Curso GALP Ría de Vigo- A Guarda: 16 ao 20 de setembro. 16:00 a 20:00 horas.
Inscrición: PRAZO ABERTO. Enviar email a info@mardasillas.com co nome e apelidos, dni e teléfono de contacto.
Curso GALP Ría de Arousa: 23 ao 27 de setembro. 16:00 a 20:00 horas.
Inscrición: CURSO COMPLETO. Enviar email a info@mardasillas.com co nome e apelidos, dni e teléfono de contacto.