Continúan medrando as iniciativas de Turismo Mariñeiro no territorio español.
Dende Mar das Illas continuamos traballando para que os proxectos de Turismo Mariñeiro e Pesca-Turismo se fagan realidade, iso sí, agora adaptándonos a nova situación provocada polo SARS-CoV-2 e aproveitando o potencial deste tipo de actividades turísticas que pola súa tipoloxía están dirixidas a grupos reducidos en ambientes abertos. Xa sabedes, #SENTIDIÑO protexámonos a nós mesmos e aos que nos rodean.
Presentámosvos un proxecto de turismo mariñeiro do Mar Menor que consiste en acompañar aos pescadores nun barco de turismo náutico para observar o seu traballo, podendo interactuar con eles ao través de preguntas de barco a barco. A experiencia tamén inclúe visita á lonxa e ao Museo do Mar da Confraría de Pescadores de San Pedro de Pinatar. Para rematar aos participantes agardalles unha saborosa degustación.
Para ver a noticia completa premer no seguinte enlace: