Selección de proxectos para a realización dun piloto

Selección de proxectos para a realización dun piloto

Continuamos navegando no proxecto Mar das Illas na procura de impulsar a diversificación pesqueira e marisqueira ao través do Turismo Mariñeiro no ámbito de influencia do Parque Nacional Marítimo Terrestre  das Illas Atlánticas de Galicia.

Nesta nova etapa, a Comisión de Seguemento e Dirección  valorou os 19 proxectos presentados polos 55 profesionais do mar que participaron nas titorías realizadas no último trimestre do ano 2019.  O obxectivo foi seleccionar alomenos tres proxectos para testar nun piloto. A decisión non foi doada, pois moitos dos proxectos tiñan moita calidade e interese, así que finalmente optouse por seleccionar 6 proxectos atendendo a criterios de calidade e diversidade (tipoloxías de proxecto):

  • 3 proxectos de pesca-turismo.
  • 2 proxectos de turismo mariñeiro a pé na modalidade de marisqueo a pé.
  • 1 proxecto de turismo mariñeiro en portos e instalación portuarias.

Por mor da nova situación de normalidade acontecida poloa COVID-19, e que afecta tanto ao noso día a día en xeral como ás actividades turísticas en particular, redactamos dous protocolos de actuación para as actividades de Turismo Mariñeiro e a súa especificidade de Pesca-Turismo:

  • MEDIDAS PARA A REDUCCIÓN DO CONTAXIO POLO CORONAVIRUS SARS-CoV-2 NAS ACTIVIDADES DE TURISMO MARIÑEIRO
  • MEDIDAS PARA A REDUCCIÓN DO CONTAXIO POLO CORONAVIRUS SARS-CoV-2 NAS ACTIVIDADES DE PESCA-TURISMO

Dende Mar das Illas traballamos para que esta nova e imprevisible circunstancia da irrupción do  Sars-Cov-2, lonxe de ser unha debilidade sexa visto polo sector como unha oportunidade para emprender e por en marcha proxectos de turismo mariñeiro: proxectos que están dirixidos a grupos reducidos e se realizan maioritariamente en espazos abertos; no caso da Pesca-Turismo o número de turistas a bordo está limitado por lei, sendo 4 turistas nos proxectos seleccionados para o piloto.

Finalmente mantivemos reunións e novas titorías cos promotores dos proxectos seleccionados para adaptar o guión interpretativo de visita á nova normalidade e preparar todos os trámites para poñer en marcha o proxecto piloto.

Proxectos seleccionados por ámbito territorial:

GALP Ría de Pontevedra.

1.-Sanxenxo: Proxecto de Pesca-Turismo. Barco. Playa de Sanxenxo.

2.- Bueu. Proxecto de Turismo Mariñeiro en Portos e Instalacións Portuarias.

 

GALP Ría de Vigo- A Guarda

3.- Cangas. Proxecto de Pesca-Turismo. Barco: Nuevo dos Victorias.

4.- Redondela: Proxecto de Turismo Mariñeiro de marisqueo a pé.

 

GALP Ría de Arousa.

5.- Vilanova de Arousa. Proxecto de Pesca-Turismo nun barco de batea. Barco: Mar-Para.

6.- Pobra do Caramiñal. Proxecto de Turismo mariñeiro. Marisqueo a pé.