XORNADA DE EMPRENDEMENTO EN TURISMO MARIÑEIRO

XORNADA DE EMPRENDEMENTO EN TURISMO MARIÑEIRO

OBXECTIVO.

Informar ao sector dos diferentes aspectos vinculados ao desenvolvemento das actividades de turismo mariñeiro: lexistativos, administrativos, fiscais, laborais, Seguridade Social, turísticos…

PROGRAMA.

*Por mor de causas  de última hora os seguintes relatores non poideron acudir:

    • JOSÉ IGNACIO PRADAS POVEDA. Subdirector General de Competitividad y Asuntos Sociales, de la Secretaría General de Pesca.
    • SUSANA RODRIGUEZ CARBALLO. Consellería do Mar. Directora Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro.

 

Estes relatores foron substituídos polos que a continuación se mencionan:

No lugar de D. Jose Ignacio Pradas Póveda participou Dna Teresa Ramos Covelo, xerente da empresa que leva a asistencia técnica do proxecto Mar das Illas.

No lugar de Dna. Susana Rodríguez Carballo participaron as xerentes dos GALP socios do proxecto:

    • Laura Nieto Zas, polo Galp Ría de Pontevedra.
    • Elena Herbello Puentes, polo Galp Rïa de Vigo – A Guarda.
    • Rosa Carballo Martínez, polo Galp Ría de Arousa.

 

RESULTADOS

Número de inscritos: 86 persoas.

Conclusións: redactouse unha Acta na que se recolleu as inquedanzas do sector manifestadas de viva voz durante a xornada ou ao través dunha enquisa. O que máis preocupou foi a falla dunha lexislación clara no ámbito do turismo mariñeiro, sobre todo no que corresponde a especialidade de pescaturismo. A acta foi enviada á Secretaría Xeral de Pesca para a súa toma en consideración na redacción do futuro Real Decreto que regulará a actividade de Pescaturismo.