Entrega de diplomas de Iniciación ao Turismo Mariñero e Pescaturismo. Portonovo.
O pasado venres 3 de novembro tivo lugar unha nova entrega de diplomas enmarcados no proxecto Mar das Illas, un proxecto co que se busca promover a diversificación pesqueira a través do turismo mariñeiro entre os profesionais do mar e os seus familiares nas Rías Baixas, concretamente no ámbito do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas.
O acto de entrega de diplomas tivo lugar na antiga sala de Poxas da Lonxa de Portonovo e a él acodiron un total de 26 mariñeiros/as y mariscadoras/es que participaron nos cursos de Iniciación ao Turismo Mariñeiro (habilitante para desenvolver actividades de turismo mariñeiro e pescaturismo no ámbito do PNMTIAG), e de Pesca e Turismo Sostible.
O evento foi organizado polo Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Ría de Pontevedra, asistiu a conselleiro do Mar, Alfonso Villares; a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez; o director do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia (PNMTIAG), José Antonio Fernández; o alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín; a presidenta do GALP Ría de Pontevedra, María del Carmen Vázquez; e o patrón maior da Confraría de Portonovo, Martín Domínguez.
Máis información: