COMEZO DAS TITORÍAS PARA O ASESORAMENTO DE PROXECTOS DE EMPRENDEMENTO EN TURISMO MARIÑEIRO

COMEZO DAS TITORÍAS PARA O ASESORAMENTO DE PROXECTOS DE EMPRENDEMENTO EN TURISMO MARIÑEIRO

O pasado luns 30 de setembro comezamos as presentacións das titorías para o desenvolvemento de proxectos de turismo mariñeiro do proxecto Mar das Illas.

As titorías son sesións prácticas nas que se traballará cos participantes nos diferentes aspectos necesarios para poñer en marcha cada iniciativa ou proxecto de turismo mariñeiro (sexa este individual ou colectivo): normativa, viabilidade económica, programa turístico e comercialización.

Haberá unha primeira sesión grupal de presentación na que se recopilará información sobre a idea de proxecto de cada un dos participantes e se sentarán as bases para as titorías individuais.

Calendario de presentación das titorías:

  • 30 de setembro. 17:00 horas. Pazo Vista Real. Vilanova de Arousa.
  • 7 de outubro. 17:00 horas. Autoridade Portuaria. Porto de Marín.
  • 14 de outubro. 17:00 horas. Edificio Cambón. Sede do PNMTIAG. Vigo.

Titorías por proxecto:

As datas e horas das titorías individuais (por proxecto) serán establecidas en función das necesidades dos participantes, estando previsto realizar alomenos 4 titorías nas que se abordarán os seguintes temas:

  • Titoría 1. Normativa. Viabilidade económica.
  • Titoría 2. Asesoramento fiscal e laboral.
  • Titoría 3: Proxecto turístico: plan interpretativo
  • Titoría 4: Comercialización e melloras.

Para a participacion nas titorías darase prioridade a aqueles que teñan feito os cursos de Iniciación ao Turismo Mariñeiro e Pesca e Turismo Sostible no ámbito do PNMTIAG.

Para máis información ponte en contacto no email info@mardasillas.com ou no teu GALP.