Continúan medrando as iniciativas de Turismo Mariñeiro no territorio español.

Continúan medrando as iniciativas de Turismo Mariñeiro no territorio español.

Dende Mar das Illas continuamos traballando para que os proxectos de Turismo Mariñeiro e Pesca-Turismo se fagan realidade, iso sí, agora adaptándonos a nova situación provocada polo SARS-CoV-2 e aproveitando o potencial deste tipo de actividades turísticas que pola súa tipoloxía están dirixidas a grupos reducidos en ambientes abertos. Xa sabedes, #SENTIDIÑO   protexámonos a nós mesmos e aos que nos rodean. 

Presentámosvos un proxecto de turismo mariñeiro do Mar Menor que consiste en acompañar aos pescadores nun barco de turismo náutico para observar o seu traballo, podendo interactuar con eles ao través de preguntas de barco a barco. A experiencia tamén inclúe visita á lonxa  e ao Museo do Mar da Confraría de Pescadores de San Pedro de Pinatar. Para rematar aos participantes agardalles unha saborosa degustación.

Para ver a noticia completa premer no seguinte enlace:

Turismo Marinero Mar Menor.