TITORÍAS e PROXECTOS PILOTO.
TITORÍAS.
OBXECTIVO.
O obxectivo do asesoramento foi facilitar o coñecemento dos principais aspectos para poñer en marcha iniciativas de turismo mariñeiro e pesca-turismo adaptadas a nova lexislación nacional e autonómica. Débese ter en conta que o pescador, que traballa no sector primario, compaxinará o seu traballo con actividades do sector terciario. Por iso hai que dotalo de ferramentas e recursos para emprender de forma legal nesta nova actividade, desenvolver a actividade de forma segura e adaptada aos protocolos COVID19, proporcionar ao turista unha experiencia confortable e satisfactoria, comercializar e promover esta nova actividade con éxito e manter un rexistro da actividade e informar convenientemente á administración cando se requira.
A titorización impartida instruíu aos profesionais do sector pesqueiro no planeamento de iniciativas sustentables de turismo mariñeiro e pescaturismo e os trámites necesarios para poder levar cada proxecto a efecto. Este asesoramento mediante titorías incluíu a asistencia técnica e orientacións aos participantes na obtención das autorización e permisos que se deben tramitar ante as diferentes administracións implicadas , así como elaboración dun programa turístico (proxecto interpretativo) e análise de custos.
RESULTADOS.
- Número de participantes nas titorías: 58
- Número de proxectos presentados: 21
PROXECTOS PILOTO.
OBXECTIVO.
Seleccionar alomenos 3 proxectos para avaliar a viabilidade, tempos, custes, imprevistos e melloras no deseño das actividades creadas durante a fase de titorización de proxectos e consolidar como unha actividade dos profesionais da pesca o turismo mariñeiro e a pescaturismo contribuíndo á consolidación dunha rede técnica de apoio ás iniciativas deste tipo promovidas polo sector pesqueiro.
RESULTADOS.
A Comisión de Seguimento e Dirección seleccionou 6 proxectos para testar ao través dos piloto.
- Número de proxectos seleccionados: 6
- Número de persoas que participan nos proxectos: 23
- Tipoloxía: 3 pescaturismo + 2 turismo mariñiro a pe, marisqueo + 1 turismo mariñeiro a pe, portos e instalacións portuarias.
LINKS AOS VIDEOS DOS PROXECTOS PILOTO:
- GALP Ría de Pontevedra
- GALP Ría de Vigo- A Guarda
- GALP Ría de Arousa.