MAR DAS ILLAS 3 APROBADO.

MAR DAS ILLAS 3 APROBADO.

A CONSELLERÍA DO MAR APROBA O PROXECTO MAR DAS ILLAS ATLÁNTICAS: Apoio ao desenvolvemento de iniciativas turísticas dende o sector pesqueiro.

 

O proxecto proposto polo GALP Ría de Pontevedra en cooperación cos Grupos da Ría de Vigo e Arousa permitirá avanzar na implantación de iniciativas de turismo mariñeiro dende o sector pesqueiro que hoxe conta con cento vinte profesionais formados en turismo mariñeiro.

 

A Consellería do Mar ven de aprobar o proxecto MAR DAS ILLAS ATLÁNTICA: Apoio ao desenvolvemento de iniciativas turísticas dende o sector pesqueiro (MAR DAS ILLAS 3).

Os Grupos de Acción local do Sector pesqueiro das Rías Baixas (GALP Ría de Pontevedra, Ría de Arousa e Ría de Vigo  – A Guarda) presentaron no mes de xaneiro este proxecto que acaba de ser aprobado á convocatoria de proxectos de Cooperación que financian a Consellería do Mar e o Fondo Europeo Marítimo e da Pesca.

O proxecto da continuidade ás iniciativas desenvolvidas dende hai dous anos para promover o turismo mariñeiro dende o sector pesqueiro e contribuír á encaixar os proxectos turísticos do sector nun marco legal de regulación desta actividade aínda en desenvolvemento.

 

Recentemente se aprobou o Real Decreto 239/2019, de 5 de abril, por el que se establecen las condiciones para el desarrollo de la actividad de pesca-turismo que permitirá o desenvolvemento de actividades de turismo mariñeiro dende as embarcacións de pesca.

 

O proxecto que agora se aprobou inclúe: un programa de titorización de iniciativas turísticas que desenvolvan os profesionais do sector Pesqueiro, un curso de formación avanzado para profesionais do sector en turismo mariñeiro que se realizará en cada unha das rías, o deseño de protocolos de atención ao público, e atención a persoas con diversidade funcional.

As iniciativas que de desenvolvan serán presentadas ao público no ano 2020 en xornadas abertas á cidadanía e se organizará unha Xornada Internacional de Turismo mariñeiro para dalas a coñecer.

Mais información sobre o proxecto pode atoparse tanto na web do GALP Ría de Pontevedra como na propia web do proxecto mardasillas.com.