PROGRAMA MODALIDADE PRESENCIAL. I XORNADA INTERNACIONAL DE TURISMO MARIÑEIRO E PESCATURISMO.
PRESENTACIÓN
Mar das Illas é un proxecto de cooperación entre os Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro GALP Ría de Pontevedra, GALP Ría de Arousa e GALP Ría de Vigo – A Guarda. O obxectivo do proxecto é promover a actividade do Turismo Mariñeiro e a Pesca-Turismo entre o colectivo de mariñeiros/as, mariscadoras/es nas Rías Baixas de Galicia, especialmente no ámbito do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia (PNMTIAG).
A I Xornada Internacional de turismo mariñeiro e pescaturismo ten un obxectivo múltiple, pois pretende ofrecer unha visión do estado destas actividades a nivel estatal e europeo aportando exemplos de proxectos en marcha, ao tempo que se pon de relevo o traballo realizado ao longo deste proxecto, aportando visibilidade ao camiño percorrido de modo que serva de exemplo a outros territorios, así como a creación dun punto de encontro e debate para as persoas implicadas no desenvolvemento do turismo mariñeiro e a pescaturismo.
PODES DESCARGAR O PROGRAMA DA XORNADA PREMENDO AQUÍ:
DIPTICO_XORNADA_INTERNACIONAL_2020