Protocolo de Atención ás Persoas con Discapacidade.
Este “PROTOCOLO DE ATENCIÓN ÁS PERSOAS CON DISCAPACIDADE NAS ACTIVIDADES DE TURISMO MARIÑEIRO NO ÁMBITO DO PARQUE NACIONAL MARÍTIMO-TERRESTRE DAS ILLAS ATLÁNTICAS DE GALICIA” elabórase enmarcado dentro do proxecto “MAR DAS ILLAS III, Apoio ao Desenvolvemento de Iniciativas Turísticas dende o Sector Pesqueiro” promovido polos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro das Rías Baixas (GALP Ría de Pontevedra, GALP Ría de Vigo-A Guarda e GALP Ría de Arousa), actuando como socios colaboradores o Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia a Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Pontevedra e a Asociación Mar Seguro de Galicia.
Na elaboración do presente protocolo colaboraron as seguintes entidades que traballan con persoas con discapacidade:
- Ambar
- Amencer-Aspace
- Amicos
- Amizade
- Avelaíña
- BATA-Baion Asociación Tratamiento Autismo
- Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI)
- Down Pontevedra-“Xuntos”
- Federación Galega de Asociacións en favor das Persoas con Discapacidade Intelectual ou do Desenvolvemento (FADEMGA)
- Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG)
- Organización Nacional de Cegos (ONCE)
DESCARGAR: PROTOCOLO_ATENCION_PERSOAS_DISCAPACIDADE_MAR_DAS_ILLAS