TITORIZACIÓN DE PROXECTOS DE TURISMO MARIÑEIRO E PESCA-TURISMO
Volve o proxecto MAR DAS ILLAS para por en marcha iniciativas turísticas do sector pesqueiro no ámbito do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia e a súa área de influencia (Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro das Rías de Arousa, Pontevedra e Vigo – A Guarda)
Tes unha idea para desenvolver un proxecto de turismo mariñeiro ou pescaturismo?
És profesional do mar?
Participaches en anteriores edicións de Mar das Illas?
Se as respostas son afirmativas cumpres os requisitos para participar no programa de titorías de proxectos de pesca turismo ou turismo mariñeiro. Aproveita esta oportunidade de preparar o teu proxecto ao través desta actividade na que darase soporte técnico para a posta en marcha de actividades turísticas por parte dos profesionais do Sector Pesqueiro. Abordaremos temas como a viabilidade económica, obrigas legais ou a redacción dun plan interpretativo para a realización das actividades turísticas.
As inscricións abriranse o día 5 de agosto e prolongaranse ata o 5 de setembro. Os participantes serán seleccionados por rigoroso orde de inscrición dando prioridade a aqueles que xa participaron nas anteriores edición de Mar das Illas 1 e 2.
Para máis información ponte en contacto no email info@mardasillas.com ou no teu GALP.