Acto entrega diplomas asistentes aos cursos de formación en Turismo Mariñeiro.
Acto oficial de entrega de diplomas: mañá venres 29 de xuño as 18:00 horas comezará o acto de entrega de diplomas correspondentes aos cursos de formación para desenvolver a actividade de turismo mariñeiro no entorno do Parque Nacional Marítimo terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. O acto oficiarase na sede central do PNMTIAG -Edificio Cambón, Rúa Palma 4, Casco Vello de Vigo-.
Asistirán dona Susana Rodríguez Carballo, Directora Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro; D. Alfonso Rubio Cordón, Secretario Territorial da Delegación da Xunta en Vigo; D. Jose Antonio Fernández Bouzas, Director-conservador do PNMTIAG, así como os presidentes e xerentes dos 3 Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro impulsores do proxecto.
Moitas grazas a todos e todas os que estades facendo posible este proxecto.