Mar das Illas no programa Vivir o Mar da TVG.

Mar das Illas no programa Vivir o Mar da TVG.

O programa “Vivir o mar” da Televisión de Galicia emitido onte o pasado 8 de xullo informou nunha ampla reportaxe sobre o proxecto de cooperación “Mar das Illas” que estamos a desenvolver entre os Galp Ría de PontevedraGalp Ría De Arousa e GALP Ría de Vigo A Guarda.

Esta reportaxe foi grabada na xornada práctica correspondente ao curso realizado no territorio do Galp Ría de Arousa.

Dita xornada desenvolveuse na Illa de Cortegada, pertencente ao Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. Os obxectivo da mesma foi amosar aos participantes os valores naturais e culturais deste arquipélago en particular e do PNMTIAG así como ensinar técnicas interpretativas para dar a coñecer eses valores e a súa actividade laboral.

Durante a xornada fixose un exemplo de visita guiada interpretativa na que os asistentes poideron comprobar a importancia de apoiarse nas técnicas da disciplina da Interpretación do Patrimonio, o útil que é elaborar un Guión Interpretativo, ou como utilizar diversos elementos de apoio que axuden aos turistas a comprender a mensaxe que pretendemos trasladar.

A información está dispoñible no seguinte enlace: http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/vivir-o-mar-935