Mar das Illas 2: SOSTIBILIDADE E BOAS PRÁCTICAS NA PESCA-TURISMO.
Obxectivo
Dar continuidade ao proxecto formando a todos aqueles interesados que quedaron en lista de agarda na anterior edición e avanzar cara a consecución da posta en marcha de iniciativas de turismo mariñeiro e pescaturismo.
Resultados.
PROPOSTA DE REGULACIÓN SECTORIAL DE TURISMO MARIÑEIRO.
En colaboración cos alumnos do curso, técnicos da Rede Técnica e colaboradores do proxecto elaborouse unha Proposta de Regulación Sectorial de Turismo Mariñeiro que promova o turismo mariñeiro sostible no ámbito do Parque Nacional das Illas Atlánticas garantindo o correcto uso e estado de conservación ambiental e ecolóxico do parque e a súa área de influencia.
MANUAL DE BOAS PRÁCTICAS NO SECTOR PESQUEIRO.
CURSO DE INICIACIÓN AO TURISMO MARIÑEIRO NO ÁMBITO DE INFLUENCIA DO PNMTIAG.
CURSO DE PESCA E TURISMO SOSTIBLE NO ÁMBITO DE INFLUENCIA DO PNMTIAG.