Mar das Illas 3: APOIO AO DESENVOLVEMENTO DE INICIATIVAS TURÍSTICAS DENDE O SECTOR PESQUEIRO.
MAR DÁS ILLAS 3 representa a terceira etapa dun ambicioso proxecto que aposta pola diversificación do sector pesqueiro cara ao turismo mariñeiro. O proxecto está focalizado no ámbito marítimo do Parque Nacional Marítimo – Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia máis estende o seu ámbito de influencia ao conxunto das Rías de Vigo – A Guarda, Pontevedra e Arousa ao través da participación conxunta dos GALP destes territorios.
Obxectivo.
Dar continuidade ás iniciativas desenvolvidas nas dúas fases anteriores para promover o turismo mariñeiro dende o sector pesqueiro, encaixar os proxectos turísticos no novo marco legal existente e lograr a posta en marcha de alomenos 3 iniciativas turísticas de diversificaición no eido do turismo mariñeiro e a súa tipoloxía de pescaturismo.
Resultados
PROGRAMA DE TITORIZACIÓN DE INICIATIVAS TURÍSTICAS.
ORGANIZACIÓN E APOIO DE PROXECTOS PILOTO DE TURISMO MARIÑEIRO E PESCATURISMO.
DESEÑO DE PROTOCOLOS DE ATENCIÓN AO PÚBLICO.
DESEÑO DE PROTOCOLOS FRENTE AO COVID-19.
I XORNADA INTERNACIONAL DE TURISMO MARIÑEIRO E PESCATURISMO.
CURSO AVANZADO DE TURISMO MARIÑEIRO NO ÁMBITO DE INFLUENCIA DO PNMTIAG.