ACTIVIDADES ABERTAS Á CIDADANÍA.

ACTIVIDADES ABERTAS Á CIDADANÍA.

Dende o pasado 15 de outubro e ata o vindeiro 28 estamos celebrando as Actividades Abertas á Cidadanía enmarcadas no proxecto Mar das Illas, un  proxecto cuxo obxectivo consiste en  promover a actividade do Turismo Mariñeiro e a Pescaturismo entre o colectivo de mariñeiras/os, mariscadores/as e familiares deles nas Rías Baixas de Galicia, especialmente no ámbito do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas (PNMTIAG)  ao través da súa formación como guías acreditados en Turismo Mariñeiro no ámbito do PNMTIAG.

Nas distintas fases do proxecto formamos aos profesionais do Mar para realizar visitas guiadas nas que poidan mostrar o seu traballo e poñelo en valor, así como potenciar a calidade dos produtos do mar na contorna do Parque Nacional, transmitindo ao público o respecto e admiración polo mundo mariño e a necesidade de coidalo.

Nas Xornadas Abertas á Cidadanía participan diferentes colectivos, que coñecerán de primeira man como serán as actividades. Deste xeito poderemos recabar a súa opinión sobre as diferentes actividades e o grao de interese para o colectivo ao que representan.

 

As actividades Abertas á Cidadanía que se organizan son as seguintes:

ACTIVIDADE 1: TURISMO MARIÑEIRO. MARISQUEO A PÉ.

  • Data: xoves 15 de outubro.
  • Lugar: Porto de Cesantes.
  • Duración: 1,5 horas.
  • Participantes: Concelleiro de Turismo do Concello de Redondela, Presidneta da Agrupación de Mariscadoras da Confraría de Pescadores San Júan de Redondela, IES de Chapela,  ANPA do IES de Chapela, Asociación de Estudos Locais Fernando Monroy e Asociación Avelaíña, Saúde Mental, Casa de Turismo Rural As Chivas.

 

Ao evento asistiron os seguintes medios:

 

ACTIVIDADE 2: TURISMO MARIÑEIRO EN PORTOS E INSTALACIÓNS PORTUARIAS.

  • Data: venres 16 de outubro.
  • Lugar: Porto de Bueu.
  • Duración: 1,5 horas.
  • Participantes: IES Illa de Ons, Asociación Xuntos Down Pontevedra, Casa de Turismo Rural Videira, Turismo de Cangas, Técnico de Turismo de Bueu.

 

Ao evento asistiron os seguintes medios:

ACTIVIDADE 3: TURISMO MARIÑEIRO EN PORTOS + PESCATURISMO.

  • Data: mércores 28 de outubro.
  • Lugar: Porto de Vilanova de Arousa.
  • Hora: 17:00
  • Duración: primeria parte 45 minutos no porto. Segunda parte: 1 hora a bordo do Mar-Pra.
  • Participantes: Técnico de Turismo do Concello de Vilanova de Arousa, Turismo Rural Casa Benito, Asociación BATA, Presidenta do GALP Ría de Arousa.

 

Ao evento asistiron os seguintes medios:

CLICK aquí para ver o video.

 

 

Por mor do protocolo COVID-19 as prazas estiveron limitadas ao número de persoas indicado nas  Ordes publicadas pola Xunta de Galicia o 14 e o 21 de outubro.