GALICIA: DESTINO SEGURO
A chegada do SARS-CoV-2 obríganos a adaptármonos á unha nova realidade tanto na vida cotiá como nas actividade turísticas. No proxecto Mar das Illas estamos traballando para seguir impulsando o Turismo Mariñeiro e a Pesca-Turismo, agora redactando protocolos específicos para este tipo de actividades que permitan evitar o risco de contaxios.
Ao mesmo tempo, a finais de Abril, o Consello da Xunta aprobou un plan de reactivación da cultura e turismo cun investimento de 27 millóns de euros e 50 medidas entre as que se inclúe a promoción de Galicia como destino seguro: GALICIA, DESTINO SEGURO.
Os catro eixos do plan no ámbito turístico serán a reactivación da demanda e accións de promoción, a creación de novos produtos turísticos, o apoio ao tecido empresarial e mantemento do emprego, así como a formación, competitividade e innovación.
No enlace atoparedes máis información sobre este plan en distintos apartados: MANUAIS E CARTEIS, FORMACIÓN, ASESOSAMENTO E FINANCIACIÓN.